O BNG de Outes enche a casa da cultura na súa presentación de candidatura

Onte a Casa da cultura de Outes acolleu a presentación de candidatura do BNG de cara as eleccións municipais do 2019. Dando comezo ás 20:30 a casa da cultura xa estaba ateigada de xente que se achegara a coñecer cales son as propostas da formación nacionalista.

No acto interviron: Ánxela Franco (Responsábel Comarcal e Deputada Provincial), Montse Prado (Deputada no parlamento), Juan Blanco (Alcalde de Mazaricos), Anxo Núñez (Responsábel Local) e María Xosé Suárez (Cabeza de lista).

Entre outras cousas, a candidata á alcaldía, María Xosé Suárez, asegurou que o que pretende a súa candidatura é “sacar a Outes da penumbra”. Creen que o concello leva demasiados anos cun goberno continuista e sen iniciativa propia que, din, é a causa do esmorecemento do seu municipio.

O responsábel local, Anxo Núñez, quixo resaltar que a proposta do BNG é unha candidatura feita dende abaixo, dende a xente e que coma valor principal ten o “traballo continúo polo ben do pobo”.

Fonte: Páxina web do BNG de Outes

1 thought on “O BNG de Outes enche a casa da cultura na súa presentación de candidatura

Deixa una resposta a Xoán Carballeiro Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *