O concello de Noia fai entrega dun piano de cola ao conservatorio municipal

O concello de Noia ven de facer entrega de dous pianos ao director do Conservatorio municipal, Dalibor Sebestik.

Trátase dun piano Kawai e dun piano de cola Schulze Pollmann, o primeiro do que dispón o conservatorio noiés.

O consistorio tamén quere lembrar á cidadanía de que o vindeiro mércores, 31 de Outubro, ás 20:30, o alumnado do Conservatorio ofrecerá un concerto no Coliseo Noela. No mesmo evento farán entrega dos diplomas aos 19 estudantes que remataron o Grao Elemental.

Unha importante achega, esta última, para que o alumnado poida ensaiar con el e afacerse a este tipo de instrumentos.

Concello de Noia. Fonte: Facebook

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *