Porto do Son acollerá unha quedada moteira invernal o 24 e 25 de Novembro

O Concello de Porto do Son ven de anunciar que a fin de semana do 24 e 25 de Novembro acollerá unha “Quedada Moteira Invernal”, a primeira no municipio.

O evento está organizado polo Concello mais conta coa colaboración da agrupación de moteiros “Ria de Noia” e a disco móbil “Chocolate”.

O evento contará cunha esposición de motos antigas, “gran mexillonada e churrascada”, toro mecánico e xogos moteiros, varios roteiros en moto e festa á noite coa discoteca móbil.

Para mais información visita a web do concello de Porto do Son

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *