O viveiro de empresas de Porto do Son acollerá un taller de Musicoterapia

A acción formativa, de catro horas de duración, terá lugar o vindeiro 5 de novembro ás 16:30.

O Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un Obradoiro de Musicoterapia.

A finalidade do obradoiro, de libre acceso, é que as persoas participantes aprendan a traballar aspectos como a mobilización corporal, o equilibrio, o traballo con corpo e voz, a percepción das sensacións musicais, o fomento da creatividade a través da música, a relaxación a través da música, etc.

As persoas que estean interesadas pódense informar e realizar a inscrición no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Porto do Son (No segundo andar da Casa do Concello).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *