O grupo muradán, Lisdexia, presenta o seu primeiro disco: “Chejar e encher”

O grupo Lisdexia, formado en 2015, ven de presentar o seu primeiro disco oficial despois de ter acutado xa en festivais coma o Rock in Vila, a movida Fest ou o Castelo Rock.

“Chejar e encher” é o primeiro traballo despois da súa profesionalización con Teen Records. A banda, que naceu no local de ensaio público “Sala Nasmo”, estrenou o seu disco o pasado venres, 26 de Outubro, no bar ‘bodeguilla’ de Negreira.

O EP conta con 7 cancións en galego que xa podes escoitar na súa páxina do Bandcamp (preme aquí). Entre as cancións do disco podemos atopar: Os meus pais, mucho españoles, Paliza bochernosa ou Basta.

Estes 5 amigos, que estudiaron xuntos na Escola de Música Municipal de Muros ou no Conservatorio de Música Felipe Paz Carvajal, son: Fran Trillo (voz), Fran Lestón (guitarra), Ángel Lestón (baixo), Chema Caamañou (batería) e Javier Fernández (guitarra).

Segue a banda na súa páxina de Facebook.

1 thought on “O grupo muradán, Lisdexia, presenta o seu primeiro disco: “Chejar e encher”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *