Charla sobre o uso racional dos medicamentos

O pasado 25 de outubro, no Centro Social de Serra de Outes e co título da conferencia “Uso racional dos medicamentos” daban comezo as XIIIª XORNADAS DE INFORMACIÓN SOCIO-SANITARIA coa intervención de Irene Zarra Ferro, xefa de Servizo de Farmacia do CHUS, inaugurando a conferencia a Dra. Begoña Cobas Otero, Subdirectora de Procesos sen ingresos da EOXI de Compostela; todo isto baixo a coordinación do Dr. Xosé María Dios Diz, médico de A.P. de Outes, e organizadas como sempre pola A.C.C. TERRA DE OUTES.

Para as persoas que non puideron asistir ao evento, compartimos convosco un vídeo gravado polo noso lector Vicente Abelleira:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *