VIII Xornadas Micolóxicas de Porto do Son

O vindeiro sábado 10 de novembro terán lugar no concello de Porto do Son as VIII Xornadas Micolóxicas coa participación do concello e hifas da terra.

As xornadas comezaran ás 09:45 con dúas charlas: a primeira será unha orientada a introducir aos inexpertos á micoloxía silvestre e a outra tratará sobre os cogumelos dos piñeirais da costa.

Xa de tarde será a partir das tres cando se organice a saída de recolección e ás oito a degustación micolóxica.

O prazo de inscrición está aberto ate o 9 de novembro.

Fonte: Concello de Porto do Son

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *