Renuncias en Plademar tras a incautación de rastros ilegais [Toda a información]

O pasado xoves a Confraria de Noia facía unha publicación no Facebook sobre a incautación dun par de “artefactos” ilegais atopados nos rastros de dous traballadores para captar marisco de talla ilegal.

A Confraria fixo referencia na mesma publicación de que os mesmos formaban parte da asociación PLADEMAR e fixo fincapé en que un deles se tiña presentado para dirixir a confraria.

Dende plademar publicaron o luns a súa resposta no Facebook. Segundo contan xuntáronse de urxencia o sábado 27 para tratar únicamente estos feitos.

Na publicación declaran que os membros aos que se lles foron incautados os rastros presentaron a súa dimisón para evitar ensuciar o nome da asociación na que participaban. A asociación aceptou as renuncias mentres se esclarecen os feitos, asemade, tamén manifestan o seu malestar xa que argumentan que a publicación da Confraria foi feita con ánimo de danar a súa imaxe.

Estudan emprender accións contra a persoa encargada da conta xa que, aseguran, non van permitir que ninguén difame o nome da asociación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *