Presentan en Noia a campaña “Rego de Vida”

A asociación deportiva Senda XXI ven de presentar no concello noiés a súa campaña “Rego de Vida”. A finalidade da campaña é concienciar sobre a importancia da doación de médula ósea.

O vindeiro 10 de novembro terá lugar unha charla informativa, no coliseo Noela, sobre os distintos tipos de doación.

A campaña consta tamén dun roteiro polo tambre de 10KM o vindeiro 11 de novembro e que terá un custo solidario de 5€.

As inscricións podense facer ou ben no concello de Noia ou na páxina web galitiming.com

A continuación un vídeo con mais información da Canle Rías Baixas:

1 thought on “Presentan en Noia a campaña “Rego de Vida”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *