O club náutico de Portosín novo membro da rede galega de portos sen fume

O porto deportivo de Portosín convértese nun dos primeiros en sumarse á rede galega de portos sen fume. Na rolda de prensa destacouse que “fumar non debe ir ligado a actividades tan antagónicas coma é o deporte ou a os hábitos de vida saudábeis”.

O director xeral de saúde pública afirmou que Galiza é pioneira en iniciativas coma esta. Segundo di, o noso país, é dos poucos que teñen unha rede de praias e portos sen fume.

Podes ver a presentación da iniciativa na seguinte nova publicada pola canle Rías Baixas:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *