Novo paso cara o recoñecemento do Camiño pola Ría da Estrela

Este luns, 29 de Outubro, os impulsores do Camiño de Santiago pola Ría da Estrela, mais representantes dos concellos por onde transita, xuntáronse coa intención de crear unha agrupación supramunicipal dende onde poder dar un impulso para oficializar o roteiro.

O trazado deste roteiro implicaría os seguintes concellos: Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois, Ames, Brión e Santiago. Na xuntanza, coa presenza de parte do tecido empresarial detrás da iniciativa, presentouse o avance dun estudo, financiado pola Asociación de desenvolvemento da ría, no que os expertos certifican que existe unha base sólida para demostrar a veracidade histórica do roteiro.

O estudo estará finalmente rematado para o próximo mes, probablemente antes da constitución da agrupación supramunicipal o vindeiro 28 de novembro.

A dirección xeral de patrimonio será, unha vez presentado o estudo, quen oficialice ou non o camiño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *