O CEIP Felipe de Castro terá nova cuberta o ano que ven

Así o ven de anunciar o Concello de Noia e a Consellaría de Educación da Xunta. O CEIP Felipe de Castro recibirá un investimento de medio millón de euros para reformar o interior e exterior da edificación.

O centro anovará a cuberta, obxetos de carpintaría, realizará actuacións na fachada e substituirá luminarias.

Unha das finalidades destas reformas é a mellora da eficiencia enerxética así como solventar certos inconvintes que leva padecendo a comunidade educativa durante anos.

Todo isto súmase ao pavillón polideportivo do CEIP e que tamén é de recente construcción.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *