Xornadas de TIC forestais en Baroña

A comunidade de montes de Baroña ven de anunciar que celebrará o vindeiro sábado, 10 de novembro, unha xornada divulgativa para dar a coñecer as novas tecnoloxías na mobilización da madeira e outros produtos dos montes.

A xornada está organizada por Asefoga e Odega, está orientada aos propietarios forestais, comunidades de montes, madeiristas e industrias derivadas, técnicos, estudantes e todas aquelas persoas interesadas no sector.

Os asistentes aprenderán, de forma práctica, como controlar e valorizar os recursos de madeira e outros aproveitamentos como a biomasa, por medio das novas tecnoloxías. Todo isto tamén está encamiñado á redución de custos e obtención de maiores rendementos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *