O IES Porto do Son entre os 10 centros galegos referencia en proxectos

O IES Porto do Son está de celebración. Ven de recibir unha cuantiosa subvención por valor de 20000€ por ser un dos 10 centros galegos referencia en proxectos.

Entre os proxectos que desenvolve o centro destaca a “Sala Perseveira” un espazo lúdico-educativo onde se exploran outros métodos educativos a través dos diferentes medios: teatro, cine, radio…

A subvención irá destinada a mercar material STEM para o seu espazo Maker. Para mais información visita a súa publicación no Facebook.

1 thought on “O IES Porto do Son entre os 10 centros galegos referencia en proxectos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *