Concerto de Habaneras e Música Popular en Porto do Son

Este Sábado, 3 de Novembro ás 20:00, terá lugar na Casa da Cultura de Porto do Son un concerto de Habaneras e Música Popular.

O evento contará coas actuacións das agrupacións: “Agustín González” de Louro (Muros), Coral Polifónica de Pontevedra e da Coral “Virxe do Carme” de Porto do Son.

O concerto está patrocinado pola Xunta, coordinado pola FECOGA (Federación de Corais da Galiza) e organizado pola Coral “Virxe do Carme”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *