O número 44 da revista Terra de Outes xa está á venda

O pasado día 20 de outubro tiña lugar no Local Social de Outes a presentación do nº 44 da revista de TERRA DE OUTES, presentada polo seu presidente Xoán Xosé Mariño Reino. O acto tivo lugar no transcurrir da sobremesa que tiveron os seus socios no Local Social que está no lugar de Outes.

A revista xa está á venda nos quiosques e librarías do municipio de Outes polo prezo dun euro. Así mesmo, a asociación socio-cultural Terra de Outes quere informar aos lectores do xornal da Estrela que xa está á venda a lotaría de nadal nos puntos indicados de sempre, entre eles: Café-Bar Tines, Quiosque Vicente, Restaurante Areal, Libraría Pimpiniño, Perruquería Emain e no Kiosko Maruxa.

Xan Mariño presenta o novo número da revista “Terra de Outes”

(Imaxes e noticia enviadas ao noso correo, contacto@xornaldaestrela.com, por Vicente Abelleira)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *