A Xente de Santo Ourente celebra o Samaín

A Asociación de Veciños de Santo Ourente celebrou o pasado sábado, 3 de novembro, as festas do Samaín e Magosto.

O evento deu comezo ás 19:30 coa actuación do grupo de pandeireta de maiores e cativos da parroquia. Contou con exposición de cogumelos, obradoiro de talla de calacús e campionato de trompos.

Polo módico prezo de 5€ os asistentes levaron unha ración de churrasco e castañas. O acto tivo o broche final coa actuación do grupo local “A Tajea”.

A continuación un pequeno fragmento da festa na que se ve a actuación da Tajea:

1 thought on “A Xente de Santo Ourente celebra o Samaín

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *