Unha equipa de técnicos está a analizar a rede de saneamento en Noia

Dentro do Plan Director para a eliminación de vertidos á ría estase a desenvolver unha investigación a fondo para coñecer cada centímetro de saneamento e por o ollo nos problemas a arranxar.

O proxecto está enmarcado no programa Europeo de Cooperación INTERREG e conta cun investimento de preto de 200000€. Fai uns días tivo lugar a xuntanza pertinente entre Concello e Augas de Galiza.

A realización do estudo xa está adxudicada e é responsabilidade da Xunta. A finalidade disto é que unha vez rematado o consistorio noiés teña unha folla de ruta coa que priorizar as actuacións en saneamento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *