Avanzan os proxectos de parcelarización nas parroquias de Tarás e San Cosme

O concello de Outes e Medio Rural dan os primeiros pasos cara o desenvolvemento da parcelaria nas parroquias de San Cosme e Tarás.

Na reunión que tiveron representantes do Concello e a Consellaría de Medio Rural acordáronse dar os primeiros pasos para a concentración parcelaria das dúas parroquias. O proxecto xurde dunha petición veciñal que xa ven de lonxe.

Actualmente o concello de Outes, despois de mais de 30 anos baixo o mesmo goberno, conta só cun 21% de concentración parcelaria. En canto á parcelaria de Valadares-Outes, que aínda está en fase de acordo e que afectaría a un total de 932 veciños e 1369 hectáreas, logrouse incluír a 2100 parcelas das 11000 iniciais.

1 thought on “Avanzan os proxectos de parcelarización nas parroquias de Tarás e San Cosme

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *