O 47% das vivendas no Concello de Porto do Son pasan baldeiras boa parte do ano

O informe sobre infraestructuras locais da Deputación da Coruña cifra nun 47% a porcentaxe de vivendas de uso estacional no Concello de Porto do Son.

Porto do Son foi un dos concellos da ría que mais novas vivendas construíu durante o “boom” do ladrillo. A súa condición de municipio costeiro e a capacidade que ten para atraer o turismo xunto cun descontrol total por parte das administracións fixeron que se construiran moitas vivendas que a día de hoxe fican baldeiras durante todo o ano ou que só teñen uso no período estival.

O problema non só radica no feito de ter case a metade dos inmobles en desuso durante case todo o ano se non tamén no deterioro que esta situación provoca nos mesmos. Unha vivenda en desuso deteriorase moito mais rápido ca unha habitada. Nunha vivenda habitada existe un control e mantemento continúo así coma unha temperatura mais axeitada para a conservación da infraestructura.

En moitos casos, o desgaste derivado do abandono ou desuso causa problemas non só no inmoble causante se non tamén nos lindeiros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *