Posíbel nova ampliación no cemiterio de Santa Cristina de Barro

A alta demanda de nichos no mesmo fai posíbel que nos vindeiros meses teñamos mais novas sobre a posíbel ampliación. Polo momento o cura, Xosé Ortoño, xa confirmou que se iniciaran os trámites para a ampliación.

Os 170 nichos que se proxectaron na primeira fase de ampliación vendéronse moi rápido. O cura Ortoño asegurou que nunha posíbel nova ampliación o número de nichos viría determinado pola demanda da veciñanza. Segundo palabras textuais <<Segundo o número de solicitudes levantaranse os panteóns que foran precisos. Terreo hai dabondo.>>

O cura tamén sinala que os nichos de nova construción, rematados fai unhas semana, non se poderán empregar ate principios do ano que vén xa que aínda está pendente o correspondente permiso de sanidade.

O prezo de saída para a nova fase de ampliación rondaría os 5200€. Para mais información dirixirse á parroquía ou á asociación de Propietarios.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *