Outes, o concello que mais emigrantes e mortos por habitante rexistra na ría

Outes pasou de ter mais de 10000 habitantes no 1981 a ter 6514 no 2017, case perdeu a metade en pouco mais de 35 anos. Os principais motivos deste descenso son dous: a emigración e a mortalidade.

É imposíbel ofrecer datos fixos ou constantes sobre a mortalidade pero sempre aportan información útil para coñecer cal é a situación demográfica nos municipios.

A relación entre mortos e a cifra de poboación é un dato recurrente no noso país. A media aquí é de 11,7 mortos por cada 1000 habitantes. Galiza está en proceso avanzado de avellentamento, mais hai concellos que superan ou contrarrestan por completo o habitual.

Na nosa ría temos que destacar Outes. Os últimos datos indican que, no concello do Sancosmeiro, hai actualmente 16,8 mortos por cada mil habitantes, superando, con diferenza, a media galega.

Pode haber moitas razóns e motivos a ter en conta para analizar esta situación mais as principais son: o avellentamento, a emigración xuvenil (consecuencia, normalmente, por unha mala política de asentamento) e da baixa taxa de inmigración.

Resulta que Outes, a parte de contar cunha das poboacións mais envellecidas da ría, tamén é o concello no que mais xuventude emigra. A situación tamén ten as súas peculiaridades, pois non só se emigra ao estranxeiro se non que tamén existe unha alta taxa de migración interior. É decir, de migración entre concellos do país.

O dato de emigración de Outes multiplicouse coa chegada da crise e a día de hoxe xa ten mais de 2400 habitantes fora do municipio, é decir, un cuarto (26%) do que podería ser a súa poboación total actual (Aproximadamente 9000, actualmente censados 6600).

Se ao problema do avellentamento lle sumamos que a xuventude é a que emigra, principalmente, Outes seguirá perdendo habitantes mentres non se tomen medidas para mitigalo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *