Noia estrea anclaxes para os contedores do lixo

O concello de Noia ven de comezar a instalación de anclaxes para os contedores do lixo. A primeira rúa en disfrutar desta mellora é Aldea Vista Fermosa.

O concello xustifica que esta sexa a primeira rúa xa que conta con gran tráfico e é mais probábel que se os contedores se moveran co vento remataran por causar un accidente.

Os dispositivos constan dunha barra que abraza o contedor e evita que nos temporais saia voando ou se tumbe, ciscando o lixo pola rúa. Estas melloras xa levan anos funcionando noutros concellos como Outes ou Muros.

Dende o consistorio sinalan que o obxectivo é ir instalandoos paulatinamente ao total do termo municipal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *