Porto do Son acollerá este sábado, 10 de novembro, a obra teatral “Cousas” de Castelao

Vense de anunciar que este sábado o grupo municipal de teatro de Ribeira interpretará “Cousas” de Castelao na Casa da cultura de Porto do Son.

A montaxe sorprenderá ao espectador pola súa ambientación na Galicia labrego-mariñeiro de principios de século XX. A sucesicón de personaxes que se dan cita nunha taberna da aldea compoñen o fío argumental da obra que narra a forma de vida da época a través de relatos do cotiá.

Concello do Porto do Son

A obra dará comezo ás 20:30 e a entrada será de balde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *