A toxina impide traballar no polígono de bateas de Muros

Coas borrascas destos días parece que deu pé á entrada de toxina lipolífica na ría da Estrela. Polo momento a toxina só afecta ao traballo de extracción no polígono de Bateas de Muros (Zona B), o polígono de Bateas mais grande da Ría da Estrela.

As bateas afectadas, mais de medio centenar, non poderán ser traballadas mentres non remita o episodio. Intecmar informou onte aos profesionais do peche de carácter cautelar que obriga a frear a extracción de marisco que se viña desenvolvendo dende o verán.

O polígono afectado en vermello.

Para informarse do estado das bateas na nosa ría e no resto de Galiza podes acceder a esta páxina de Intecmar: Preme aquí

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *