Pecha o comercio en Noia (Simbólicamente)

É duro imaxinar un concello sen comercio local, con todos os baixos pechados e sen vida económica. O comercio local de Noia, xunto con outros concellos da zona, ven de facer visíbel esta hipótese.

Trátase dunha campaña de concienciación para darlle visibilidade á importancia que ten o comercio local e de proximidade. A finalidade é que a veciñanza se decate do absurdo de ir á cidade para mercar as mesmas cousas que pode obter no seu mesmo concello ou nos lindeiros, facendo así tamén unha inversión no emprego e na economía local.

É unha campaña sinxela e fácil de desenvolver mais cun grande impacto na sociedade. Simplemente poñendo papel nos escaparates e colgando carteis como: “Pechamos por non vender”; da pé a todo un debate sobre se os consumidores temos a suficiente preocupación polo comercio que da emprego e vida nas nosas areas de proximidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *