Alerta laranxa en toda a Ría da Estrela (Noia, Outes, Muros e Porto do Son)

A Dirección Xeral de Emerxencias ven de activar a alerta laranxa por temporal costeiro, por vento e choiva. Esta alerta, que abrangue toda a costa do país, incluída a nosa ría, informa de que a partir desta madrugada agárdase mar combinado con ondas que poderían superar os seis metros e vento en mar de forza 7-8.

A partir da 09:00 do 9 de novembro, actívase a alerta laranxa por fortes choivas; que virán acompañadas de fortes ventos, sobre todo a partir das 12:00 (onde pode haber refachos de mais de 100km/h).

Ante calquera incidencia recoméndase chamar, coma sempre, ao teléfono 112.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *