O Porto deportivo de Muros rexistra o maior número de embarcacións de tránsito do país

O presidente do ente público responsábel, Portos de Galiza, anunciou, nunha rolda de prensa, que Muros convertiuse este ano no porto deportivo con maior número de embarcacións de tránsito do país. Muros rexistrou 923 e segueo, na provincia, A Pobra do Caramiñal, con 519, e Muxía, con 483.

Muros confirma, así, a consolidación desta actividade portuaria que experimentara xa no pasado con forte ascenso e que continúa a medrar co paso dos anos.

Falando xa de diñeiro, os expertos calculan que este número de embarcacións deixaron arredor dun millón de euros en sectores complementarios e auxiliares da náuticade recreo na provincia ao longo do verán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *