O Diario Galego presentaráse en Noia o venres 16 de novembro

O Diario galego fará unha presentación pública do seu proxecto na casa da cultura de Noia o vindeiro venres 16 ás 20:30. No acto intervirán: Ramón Blanco (poeta e mestre), Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (Historiador) e Roberto Vilameá Ponte (Xerente de Sermos Galiza S.A.).

O Diario galego é o proxecto de Sermos Galiza de constituír un xornal de carácter diario que informe, en lingua galega, coa vista posta en Galiza. Podes obter mais información ou subscribirte visitando a súa páxina web: https://www.odiariogalego.gal/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *