Xornada micolóxica en Baroña

A Comunidade de Montes de Baroña organiza para este domingo día 18 de novembro de 2018 unha xornada na que os asistentes poderán aprender dunha forma, segundo a organización, moi didáctica todo o relacionado coa micoloxía.

A xornada contará cunha charla explicativa ás 9 da mañá, no local da comunidade, sobre os aspectos máis destacados das setas como: as variedades da nosa zona, as características, métodos de identificación, etc.

Acto seguido, sobre as 10, sairemos aomonte de Baroña para facer unha recollida de cogumelos xunta co asesoramento de persoal calificado.
Finalmente, sobre a 1, os asistentes faran unha selección e limpeza dos exemplares recollidos para elaborálos de diferentes xeitos segundo o tipo de produto que se recolla, procedendo despois, a degustar os diferentes pratos preparados.

A inscrición é de balde e as prazas son limitadas. Fin de prazo o 16 de novembro no teléfono 679156855.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *