Curso de atención ao cliente en Porto do Son

O Concello de Porto do Son ven de anunciar que desenvolverá, nos vindeiros 26, 27 e 28 de novembro ( de 16:00 h a 20:00 h), un curso de atención ao cliente de doce horas de duración.

Para poder participar neste curso indican que as persoas interesadas deben presentar a súa solicitude de participación no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Porto do Son. Alí deberán adxuntar unha fotocopia do DNI e volante de empadroamento. O prazo de inscrición é entre os días 13 e 19 de novembro, en horario de 09:00 h a 14:00 h.

As prazas, limitadas, asignaranse por sorteo público entre todas as solicitudes presentadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *