Noia homenaxeará a Felipe Paz Carbajal o 15 de novembro

Este ano cúmprense 100 anos do pasamento do compositor noiés Felipe Paz Carbajal. Con motivo deste aniversario, o concello de Noia organiza para este xoves, 15 de novembro, unha ofrenda floral ás 13:00 no cemiterio de Santa María a Nova.

Juanma Varela e Dalibor Sebestik, membros do Conservatorio Municipal de Noia “Felipe Paz Carbajal”, interpretarán algunhas pezas da obra do homenaxeado no acto.

Ás 20:30 do mesmo día, o coliseo Noela acollerá unha conferencia de Sebastián Paz Suárez sobre a vida e obra do compositor. Nese mesmo acto, o pianista Alejo Amoedo e o Coro Virxe do Mar porán a nota musical á xornada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *