A Marea de Noia insiste na inclusión da área de transporte metropolitano de Compostela

A marea de Noia quere que se executen os acordos adoptados por unanimidade, tanto no Parlamento coma no pleno municipal, na que se instaba ao goberno da Xunta a que se incluíra Noia na rede de transporte da área metropolitana de Compostela.

Este acordo, votado a favor polos partidos con representación en Noia: PP, PSOE, BNG e En Marea, faría, entre outras cousas, que se puidera conseguir un abaratamento das viaxes así coma unhas mellores conexións á capital do país.

Dende a marea critican que, despois de anos e moitas preguntas, o goberno municipal segue sen ter interese en fomentar o transporte público. Neste mesmo sentido apuntan que presentaron varias iniciativas para conectar mellor as parroquias noiesas cun plan de transporte local. Recalcan que o goberno municipal non ten nin interese nin proxecto neste ámbito.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *