O Castelo Rock adiántase a xullo

A organización do, xa famoso, Castelo Rock ven de anunciar que mudará a data e que as novas edicións celebraránse no mes de xullo. A edición do vindeiro ano, que será a decimosexta, xa está a coller forma e semella que berra aires de novidade.

A organización decidiu rachar coa “tradición” de celebrar o festival o primeiro ou segundo finde de agosto e trasladar o evento musical mais potente da Ría para o 26 e 27 de xullo. Apuntan a que este non será o único cambio e que a edición vindeira será “para recordar”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *