Outes e Noia suman 10 millóns en dous meses na confraría

A campaña marisqueira na Ría da Estrela vai camiño de bater records en cifras de facturación. Dende a apertura de campaña, o 10 de setembro, ate a subasta do pasado mércores, a confraría facturou 9.820.000€.

Estos datos son bastante alentadores tendo en conta que é mais da metade do total facturado o ano pasado (17.728.000€). Polo momento semella que a toxina non interfiriu demasiado na campaña, causando só 5 días de parón, e a cotización do marisco está a ser mais alta que na campaña anterior.

O Berberecho é o principal motor económico da confraría de Noia, que abarca os concellos de Outes e Noia, sumando case oito dos preto de dez millóns de facturación ate o momento.

A campaña comeza a decaer xa que xa hai fabricas que están a reducir a demanda e os prezos comezan a baixar tamén. A confraría planea reducir a produción para que o valor non decaia coa demanda e tampouco haxa exceso de produción.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *