Preocupación veciñal ao se perderen cen metros do emisario da EDAR de Muros

Durante a mañá do luns uns mariñeiros atoparon á deriva uns cen metros do emisario submariño que corresponde á EDAR de Muros. Nada mais producirse o achado, os mariñeiros chamaron a Salvamento Marítimo, quen despois se encargou de remolcar a tubería ate o porto onde foi extendido na explanada e obrigou a cortar parte da circulación de vehículos.

Esta situación, sumando a que xa é coñecido que a situación do saneamento de Muros é precaria, levantou a preocupación da veciñanza. Dende a consellaría de Infraestruturas, organismo competente por medio de Augas de Galiza, recabaron información durante toda a xornada pero non deron atopado o desencadeante. Durante o martes unha equipa de mergulladores profesionais sumerxíronse para atopar a brecha e solventar o problema.

A Xunta avisou de que non hai ningunha posibilidade de contaminación xa que se trata de auga residual que xa foi tratada e depurada previa á súa emisión á ría. Declaran que non existe risco nin para o consumo nin para o marisqueo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *