Os retornados fan un novo chamamento á mobilización

Os emigrantes retornados levan xa 5 anos de intensa mobilización mais a loita segue en pé e semella non decaer. Esta semana anunciaron que dende a nosa comarca haberá representación na vindeira manifestación convocada pola plataforma galega que terá lugar o venres en Ourense.

A demanda dos emigrantes retornados é ben clara: piden que o goberno central atenda as súas demandas e trate as súas pensións coma trata as do resto do estado. Xosé Deira, voceiro na zona dos retornados, puxo de relieve a importancia de participar na convocatoria e retomar o camiño reivindicativo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *