O BNG de Outes manterá unha xuntanza aberta este xoves cos empresarios e autónomos con necesidade de solo industrial

O BNG de Outes ven de anuncia que este xoves, 22 de novembro, manterá unha xuntanza aberta cos empresarios e autónomos con necesidade de solo industrial.

Dende o BNG reclaman que levan anos denunciando que o concello de Outes non dispón dende o 2011 de solo industrial e, por culpa disto, moitas empresas e iniciativas económicas que poderían xerar emprego teñen que buscar outro municipio para desenvolver a súa actividade.

Do mesmo xeito declaran que “seguirán loitando para que en Outes poida haber futuro económico e empregos de calidade”. Din que é necesario, canto antes, delimitar unha área, seguindo os procedementos necesarios, para crear un parque empresarial onde as iniciativas que ate o momento non se podían instalar ou trasladar das naves existentes, teñan un lugar competente e idóneo para o seu desenvolvemento.

Na xuntanza trasladarán outras iniciativas e propostas e tamén escoitarán todas as opinións e preocupacións do sector.

O evento terá lugar na Casa Amanda ás 20:30.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *