Charla “Toponimízate” en Muros o vindeiro 13 de decembro

O xoves 13 de decembro ás 19.30 horas, na aula CEMIT da Casa da Cultura de Muros, terá lugar a charla Toponimízate que falará sobre a toponimia e microtoponimia do Concello de Muros.

A charla está encamiñada a dar a coñecemento o enorme patrimonio culturar detrás dos nomes dos lugares nos que vivimos. Tamén servirá para por en coñecemento dos muradáns da existencia da aplicación que lles permitirá colaborar para rexistrar e subir á rede tanto os microtopónimos como as lendas a eles asociadas, de xeito que todos poidan colaborar na salvagarda deste patrimonio inmaterial que é, e debe ser, o noso orgullo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *