Porto do Son camiña contra a violencia de xénero

O concello de Porto do Son organizou, co gallo do 25 de novembro, un roteiro solidario en contra da violencia de xénero. Ao rematar a andaina tamén se deu lugar a lectura dun manifesto así coma a degustación dunha “chocolatada”.

Entre as actividades marcadas con este motivo tamén se atopaba: unha charla informativa para o alumnado de 4º da ESO por parte do CIM, unha actividade chamada “contamos contigo” destinada ao alumnado de Bacharelato e a representación da obra “Nacidas Libres” na casa da cultura.

A continuación a declaración institucional do concello co gallo do 25N:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *