Outes, Muros e Porto do Son non cumplen co ratio mínimo recomendado de Policía Local

Os concellos de Outes, Muros e Porto do Son non cumplen co ratio mínimo de Policía Local. A xunta recomenda que por cada 1000 habitantes debe haber, coma mínimo 1,8 axentes de policía. No 2007 o bipartito ditaminou que en cada localidade con policía local debía ter dous axentes e un oficial coma mínimo.

Na actualidade, Outes quedou con só dous axentes ao se xubilar no pasado mes un veterano. Seguindo o ratio estipulado, Outes debería contar con 10 axentes coma mínimo. O concello non ten previsto, polo momento, convocar novas prazas.

No caso de Muros debería ter, segundo o ratio, 19 axentes coma mínimo mentres que na actualidade a súa plantilla conta con 3 persoas e unha delas é auxiliar, polo que axentes só ten 2.

En Porto do Son, que segundo o ratio debera ter, tamén, 19 axentes, actualmente só conta cunha plantilla de 2 axentes en activo. A diferencia neste concello é que si se ten previsto aumentar as prazas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *