O BNG de Muros proclama a María Lago coma candidata para as eleccións municipais do 2019

O BNG de Muros escolleu este venres, na súa asemblea local, a que será a súa candidata á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais do 2019.

A actual responsábel local, María Lago Lestón, remudará a Manu García a fronte da candidatura. Os actuais concelleiros da formación nacionalista, Manu García e Paula Simal, acompañarán á candidata no segundo e terceiro posto de saída, respectivamente.

Nesa mesma asemblea a organización tamén anovou ao responsábel local que pasará a mans do histórico militante nacionalista Rodrigo Molinos Romero.

(Na imaxe de esquerda a dereita: Manu García, María Lago (Candidata á alcaldía), Rodrigo Molinos e Paula Simal.)

1 thought on “O BNG de Muros proclama a María Lago coma candidata para as eleccións municipais do 2019

Deixa una resposta a Marta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *