A accesibilidade universal: Unha cortina de fume

  • Artigo de opinión envíado polo lector Vicente Abelleira Cambeiro

O 03 de decembro, é o Día Internacional de Persoas con Diversidade Funcional. Unha data onde se poñen na mesa de traballo, dereitos, integración, accesibilidade e vida independente. 

Pois eu neste día sinalado, quero poñer o meu “grao de area” a un problema que está entre as persoas de diversidade funcional, como é a accesibilidade, onde temos moitas leis e decretos, pero os problemas aínda están sen darlle solucións.

Levo dende o 1982 en movementos asociativos de persoas con diversidade funcional, e levar sempre o mesmo discurso de eliminar barreiras arquitectónicas diante da administración xa se fai monótono e aburrido; porque se a chamada LISMI (Lei 13/7 de abril de 1982 de Integración Social dos Minusválidos BOE 30-04-1982) si se cumprira na súa totalidade, non estaríamos a falar de este tema; pero por desgraza, aínda temos que poñer dentro das pancartas en 2018, a “Eliminación de barreiras arquitectónicas”.

O problema non é que haxa leis ou decretos lexislativos, de iso temos dabondo, quizais demasiados para que fiquen “en papel mollado” e digo ben, dado que o R.D. Lexislativo 1/2013 de 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral dos Dereitos das Persoas con Discapacidade e da súa inclusión social, tiña que estar cumprido ao 100 % o 03-12-2017.

Mirade, na Galiza tivemos e temos dende 1997 ata 2014, dúas Leis de Accesibilidade, e isto é escribir sobre medidas e normas feitas de antes, dado que non hai nada novo sobre elas, porque polo mero feito de que unha lei non se cumpra, non é cuestión para resolver o problema e redactar outra lei, porque os aspectos das leis non cambia para nada, o grao de inclinación dunha rampla sigue sendo a mesma, ou a anchura das portas, por  non dicir o ancho das liñas de estacionamento dos coches para persoas con mobilidade reducida; todas estas medidas están normalizadas.Mirade, na miña contorna temos ao Concello de Outes, que dentro dos seus orzamentos anuais destina CERO EUROS a eliminar barreiras arquitectónicas cando a lexislación di o contrario neste tema: 

“Os concellos deberán prever plans municipais de actuación ao obxecto de adaptar as vías públicas, parques e xardíns, ás normas aprobadas con carácter xeral, vindo obrigados a destinar unha porcentaxe do seu orzamento a ditos fins.”

 E a expresión de “obrigados” vai por tódolos concellos sen ningunha excepción a destinar unha porcentaxe do seu orzamento municipal para este fin.

E tamén temos no Concello de Noia o edificio da Casa de Cultura “Avilés de Taramancos” onde a súa accesibilidade deixa moito que desexar, cando hai unha norma que di o seguinte: 

“As administracións públicas habilitarán nos seus orzamentos as consignacións precisas para o financiamento das adaptacións nos inmboles dos que dependan.”

E un lee estas normas, e despois de ollar a realidade atopa todo o contrario, e iso que a propia Constitución española dentro dos seus artigos di o contrario, como é o artigo 44-1:

“Os poderes públicos promoverán e tutelarán o acceso á cultura, á que todos teñen dereito.” e isto vai tamén polas persoas que temos unha discapacidade, e a expresión de “todos teñen dereito” non distingue se ten discapacidade ou non a ten; entón pregunto eu, Porqué o edificio da Casa da Cultura de Noia, non é accesible?? 

E para rematar tan só direi unha cousa: a falta de accesibilidade normalizada vai contra a propia Constitución española, dado que un dos seus artigos di o seguinte, en especial ao artigo 9-2:

“Corresponde aos poderes públicos promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos nos que se integra sexan reais e efectivas; eliminar os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os cidadáns na vida política, económica, cultural e social.”

Pois temos que “eliminar os obstáculos que impidan para facer un mundo accesible para todos, incluídos tamén as persoas con discapacidade.

Finis coronat opus…..

i A lei da que me refiro é a Lei 8/1997 , do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29-08-1997) e a outra lei que é a Lei 10/2014 do 3 de decembro de accesibilidade (DOG do 17-12-2014) (esta lei aínda non se desenvolveu).

ii Artigo 34-4 do R.D. Lexislativo 1/2013 de 29 de novembro, polo que apróbase o Texto Refundido da Lei Xeral dos Dereitos das Persoas con Discapacidade e a súa Inclusión Social (BOE. 03-12-2013).

iii Artigo 34-1 do R.D. Lexislativo 1/2013 de 29 de novembro, polo que apróbase o Texto Refundido da Lei Xeral dos Dereitos das Persoas con Discapacidade e a súa Inclusión Social (BOE. 03-12-2013).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *