O BNG Muros-Noia denuncia que a unidade de drogodependencias está totalmente mermada

O BNG Muros-Noia denunciou a pasada semana en rolda de prensa que a unidade pública de drogodependencias está totalmente mermada.

Dende a formación denuncian a falta de persoal da Unidade Preventivo-Asistencial de Drogopendencias (UPAD) de Noia que dende hai uns 5 meses non presta atención psicolóxica ás persoas usuarias de dito servizo dado á ausencia por baixa da persoa que presta a asistencia psicolóxica. Esta praza non foi cuberta durante todo ese periodo. A situación vese agravada coa recente baixa da traballadora social, quedando así o servizo totalmente mermado, os nacionalistan afirman que esta situación leva a que na práctica á dispensación de sustancias sustitutivas coma a metadona, por exemplo, sexa a única función do órgano.

A UPAD, creada nos anos 90, presta o seu servizo a persoas de concellos de toda a Comarca (Noia, Lousame, Outes, Porto do Son, Muros) e Carnota, co cal, a porcentaxe de poboación afectada é importante.  O traballo de Unidades coma esta, a través da cal se desenvolven programas de atención e protección da saúde, realízase baixo a cobertura de convenios de colaboración entre distintas Consellerías e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Ditos convenios establecen unha serie de obrigas para os Concellos, entre elas a da posta en disposición de medios para a realización dos programas. Actualmente dita obriga non se están a cumprir, comprometendo así os fondos que se perciben para o sostenemento do servizo e o servizo en sí mesmo, causando un importante perxuízo ás persoas que precisan tratamento e por extensión ás súas familias e á sociedade.

A continuación a nova publicada por Rias Baixas que recolle parte da rolda de prensa na que interviron Irati García (Concelleira do BNG en Noia), Balbino González (Candidato do BNG en Porto do Son), María Xosé Suárez (Candidata do BNG en Outes) e Ánxela Franco (Responsábel comarcal do BNG e deputada provincial):

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *