Exposición benéfica a favor da “Creba” en Outes

O pasado 3 de decembro tivo lugar a inauguración da exposición benéfica a favor da Creba Saúde Mental na casa da cultura de Outes. A entidade conta con dous centros de asistencia a persoas que padecen algún tipo de enfermidade mental na nosa ría, no Barbanza e en Carnota.

Nesta exposición colaboran 30 artistas de diferentes disciplinas, faise para axudar á asociación xa que recibirá o 40% do recadado. A mostra está comisariada pola dinamizadora cultural Cristina Carballedo, responsable de Sumarte (Espazo cultural que dá visibilidade a proxectos expositivos).

A exposición poderáse visitar ate o 7 de xaneiro do 2019 en horario de apertura da casa da cultura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *