O Nadal cústalle aos concellos da nosa ría mais de 120000€

Chega o Nadal e coa festa e a ledicia tamén chegan os gastos. A iluminación adoita ser unha das partidas mais elevadas do gasto para as festividades e este ano, a suma total do gasto de nadal na nosa ría é maior a 120000€.

O concello que se atopaba á cabeza no gasto de nadal é Noia, con 60000€ nesta partida e ségueno os concellos de Muros e Porto do Son cun gasto que ronda os 30000€. En Outes o gasto é menor, nos últimos anos as luces adoitaban colocarse preto do 20 de decembro, porén este ano colocáronse durante a ponte da constitución.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *