Concertos de Terbutalina en Muros este nadal

A famosa banda muradá de “gastropunk” ven de anunciar a súa “Terbutaxira” de nadal no seu concello de orixe.

A banda dará 3 concertos en decembro só no concello de Muros: O 15 estarán no Pouso (Vila de Muros) con Lisdexia ás 23:00; o 21 estarán no Xeixo, en Louro, ás 00:00 con Ciega y Peligrosa; e o 29 estarán no Jato Nejro, en Esteiro, con Copa Turbo ás 22:00.

A entrada nos concertos será de balde e, segundo di a banda, haberá un sorteo dunha “terbutacesta”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *