Galiza Nova renova as súas responsabilidades na comarca

A formación xuvenil do BNG, Galiza Nova, ven de renovar as súas responsabilidades comarcais despois da súa Asemblea Nacional celebrada o pasado mes.

A formación escolleu, na mañá do sábado, por unanimidade, a Maruxa Martínez como Responsábel Comarcal. Desta asemblea tamén sae aprobado por unanimidade que a responsabilidade de organización estea desenvolvida por Diana Lixó. Esta elección prodúcese no marco do proceso posterior á XV Asemblea Nacional de Galiza Nova, que tivo lugar o pasado 24 de novembro en Compostela, seguindo o estabelecido nos propios Estatutos da organización. A elección de Maruxa Martínez, renovandose por outros dous anos, como responsábel comarcal supón unha confianza e un traballo, aseguran, ben feito que ve reflectida a militancia da organización na súa comarca.

Dende a posta en funcionamento despois dun período de descanso, a comarca de Muros-Noia traballará por sumar ao proxecto de Galiza Nova, e do BNG, máis mocidade e seguir traballando a prol dos intereses da mocidade da comarca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *