O club de Sendeirismo Senda XXI extende a súa actividade a todo o país e comeza pola Ría da Estrela

A intención do club de Sendeirismo “Senda XXI” anuncia, coa chegada do aninovo, a súa expansión por toda Galiza. Segundo informan comezarán a organizar roteiros pola nosa Ría pero non queren ficar só aquí, pretenden chegar a todo o país e, incluso, ao norte de Portugal.

A entidade noiesa pretende con esta ambiciosa expansión descubrir novos territorios e tecer lazos cos mesmos. O proxecto de expansión faráse baixo o nome de “Raíces, xentes e costumes”. Tamén aproveitan para reiterar o seu carácter solidario. Seguiran a desenvolver iniciativas que beneficien actividades solidarias como xa fixeron no 2018 coa súa campaña “Rego de vida”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *