Suspendese o proceso para cubrir tres prazas de policía local en Noia

A primeira proba de selección estaba fixada para esta semana pero o concello de Noia ven de anunciar a súa suspensión. Estas tres prazas terán que seguir agardando mentras o concello non volve a convocar as probas.

Fano despois de anunciar fai só unha semana a lista definitiva dos candidatos e canidatas para os postos e de fixar para este Venres as probas. A paralización do procedemento é unha resposta a un escrito presentado o 27 de decembro que recusa a tres membros do tribunal de selección (Antonio Blanco García, Francisco Fernández Arufe e Francisco Luís Lorenzo Rodríguez) e solicita a suspensión a tramitación ate que se resolva a recusación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *